Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O Concello de Oleiros retirará as cámaras que vixiaba a rotonda de Nirvana

Written By Virgulino on 21/7/09 | 10:38

A cámara fora denunciada polo MpDC perante Protección de Datos e o Xulgado do Contencioso
A Delegación do Goberno desentendeuse do asunto a pesar de non outorgar autorización ás cámaras

O Movemento polos Dereitos Civís denunciou, en xullo do pasado ano, a presenza de dúas cámaras instaladas para vixiar a estatua do Che en Oleiros, que non contaban coa autorización da Delegación do Goberno nin foran inscritas no Rexistro Xeral de Protección de Datos. A súa colocación non respectaba xa que logo as garantías mínimas do dereito á imaxe previstas pola Lei Orgánica 1997/4, que regula a instalación de vídeo-vixilancia.


Dado que o Concello de Oleiros ignorara totalmente este procedemento, o Movemento denunciouno perante a Delegación do Goberno e a Axencia Española de Protección de Datos. Gracias a esta actuación, conseguiuse que o Concello desconectase as cámaras, aínda que siguiu a infrinxir a lei ó non retiralas do lugar no que foran colocadas. Dende o goberno municipal presentouse esta desconexión coma unha “deferencia cara a cidadanía”, mentres en realidade se limitaba simplemente a cumprir cunha lexislación que infrinxira previamente. Ademais, o Concello solicitou finalmente, semanas despois da instalación efectiva das cámaras, a autorización da Delegación para as cámaras.

No escrito que a Delegación do Goberno remitiu ao Movemento polos Dereitos Civís afirma que o Concello de Oleiros solicitou a autorización para instalar a cámara de videovixilancia que controlaba a estatua do Che o 24 de xullo, é dicir, semanas despois de que puxese en funcionamento o primeiro dispositivo de vídeocontrol. A contestación deixa ben claro que o Concello incumpriu a normativa actual en materia de videovixilancia, pois esta establece que só se poderán instalar cámaras unha vez obtida a autorización da Delegación do Goberno e tras un informe favorable da Comisión de Garantías, dous requisitos que o goberno local non cumpriu.

En febreiro deste ano a Axencia Española de Protección de Datos informou de que está a realizar actuacións previas de inspección e estuda os feitos, denunciados no seu momento polo Movemento polos Dereitos Civís, para determinar os responsables dos mesmos e as posibles sancións que deles se puidesen derivar. Esta información foi en consonancia coa decisión da Delegación de denegar a autorización para os dispositivos, solicitada con evidente atraso polo Concello.

Agora por fin o Concello ven de decidir a retirada das cámaras, algo que non evitará que o MpDC siga esixindo responsabilidades nos Xulgados e perante a Axencia Española de Protección de Datos.

Ineficacia

Por outra banda, como vén sendo habitual, as cámaras xa mostraron a súa ineficacia poucos días despois da súa posta en funcionamento. Os dispositivos amosáronse inútiles para disuadir ás persoas que teñen a vontade de atentar contra a escultura, e tampouco axudarán identificación dos mesmos.

Varias cámaras paralizadas


O MpDC suma a retirada destas cámaras á sentencia que ordena retirar as cámaras da zona vella de Compostela, a orde de retirar as cámaras do servizo de bicicletas de Ferrol e Compostela, ás cámaras do CEIP de Arteixo…

2 comentarios:

Nemigo dijo...

a situación vivida foi esperpéntica. A primeira cámara posta polo alcade de oleiros tiña os equipos de grabación nunha VIVENDA PARTICULAR
As dúas seguintes foron postas xa dentro da propria rotonda enfocando á estatua NON ao tráfico

Movemento polos Dereitos Civís dijo...

Pero retiraon as cámaras. no informe di que as retiraron en febreiro.

Publicar un comentario