Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

A información publicada hoxe sobre as cámaras de Compostela non corresponde có acontecido

Written By Virgulino on 10/7/09 | 10:05

Despois da ronda de chamadas feita polo MpDC e a información remitida por mail aos distintos medios no día de onte, só o periódico compostelano El Correo Gallego deu unha información acorde coa realidade.

O MpDC considera que isto se debe á costume de dar por correcta a información remitida polas Administración e o feito de que ningunha medio se puxo en contacto có MpDC para contrastar os datos.

MpDC mantén dous procesos xudiciais relacionados coas videocámaras e non perdeu ningún recurso fronte ao Concello. O único motivo polo que o Concello non debe executar a sentencia é porque o MpDC solicitou a devolución da fianza fronte o incumprimento reiterado do auto que ordenaba retirar os dispositivos. Ademais, onte, remitiu unha auto relacionado cun proceso
contra a Delegación do Goberno afirmando que era una auto que lle daba a razón no proceso que se leva contra o Concello.

1º: Contra o Concello de Compostela no Xulgado número un (gañado todo o proceso e pendente de sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza)

  • MpDC presentou denuncia contra o Concello na vía Contenciosa
  • A finais do 2008 o MpDC gaña a Sentencia
  • O Concello de Compostela recurre ao Tribunal Superior de Xustiza
  • O MpDC solicita que se execute provisionalmente a Sentencia
  • O Xulgado admite a solicitude do MpDC e pide 3000€ de fianza
  • O MpDC paga a fianza
  • En Maio o Xulgado dá 10 días para que se retiren as cámaras
  • A finais da semana pasada, e perante o incumprimento da orde de retirar as cámaras, o MpDC solicita a devolución dos 3000€ ao xulgado e desiste da execución provisional pola falta de vontade do Concello en cumprir o auto (axuntase o escrito remitido ao Xulgado)

2º: Denuncia contra a Delegación no Xulgado Número dous (pendente aínda da
primeira sentencia)

  • MpDC avisa á Delegación do Goberno, a finais do ano pasado, de que
    o Concello fora condena a retirar as cámaras e que polo tanto non se lle
    conceda a renovación para manter os aparatos
  • O Concello solicita a renovación
  • A Delegación concede a renovación
  • O MpDC denuncia perante o Contencioso á Delegación por conceder a
    renovación e pide como medida cautelar a retirada das cámaras
  • O Xulgado admite a demanda pero non a medida cautelar (este o
    documento recibido polo Concello)

Como se pode comprobar o Concello de Compostela celebrou unha vitoria
xudicial que non é tal. O proceso sobre o que non se acepta a medida
cautelar (que non é o mesmo que unha execución provisional da Sentencia)
aínda non ten sequera Sentencia. En todo caso o MpDC ten que dicir que
resulta curioso que o Xulgado Número Dous non queira tomar unha medida
cautelar que coincide exactamente coa Execución Provisional ordenada polo
Xulgado Número Un e que estaba sen cumprir polo Concello.

1 comentarios:

Movemento polos Dereitos Civís dijo...

Medios os que se lle avisou de que a noticia non era correcta e non rectifiaron:

La Voz de Galicia
Cadena SER
Europa Press
La Opinión de A Coruña
Periódico Qué

Publicar un comentario