Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Dereitos Civís indigando pola cobertura feita polos medios en relación coas videocámaras de Compostela

Written By Virgulino on 13/7/09 | 12:21

Non é certo que o Xulgado Número Dous autorizara ás cámara ata que se pronuncie o Tribunal Superior de Xustiza. Este Xulgado aínda, ni sequera, ditou sentencia, motivo polo que é imposible que exista un recurso perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza

Todos os medios procederon a transmitir a información emitida polo Concello de Compostela sen contrastarla, algo que di moi pouco do xornalismo que fan. Pero o peor é que despois de que se chamara desde o MpDC a varios medios e se remitira tres notas de prensa para aclarar o error, non existiu rectificación.



Os responsabeis do MpDC amosaronse francamente molestos coa cobertura mediática do último auto relacionado coas cámaras de vidovixiancia instaladas en Santiago de Compostela a raíz dunha nota enviada polo Concello. A institución Municipal misturou dous xuizos completamente independentes para afirmar que gañaron unha causa ao Movemento polos Dereitos Civís, algo absolutamente falso e que non foi contrastado. Nembargante foi publicado por todos os medios nesa mesma tarde como algo certo. O malestar agrávase có feito de que xusto o día anterior o MpDC remitiu unha nota que non se tivo en consideración por ningún medio de comunicación e o mesmo día que o Concello emitiu a nota o portavoz do MpDC chamou persoalmente a varios xornais, radios e axencias para que rectificaran a información sen que iso se producira no case 100% dos caso.

Para o Movemento polo Dereitos Civís, é especialmente grave que se seguira mantendo a información errónea a pesar das continuas advertencias feitas polo MpDC. Nese caso o error transformase en falsedade. Limitouse a dar unha versión do feitos, que ademais non correspondía coa realdiade, ninguneando a outra parte involucrada.

O Movemento polos Dereitos Civís acumulase seis anos de traballo para a retirada das cámaras ilegais en Compostela. De momento non perdimos ningunha parte do proceso, algo que pode ocurrir, e que cando ocurra asumiremos. Aínda cando os que se enfrentan son unha asociación sen ánimo de lucro contra o Concello de Compostela e a Delegación do Goberno.

Resume dos dous procesos xudiciais: http://mpdc.blogspot.com/2009/07/informacion-publicada-hoxe-sobre-as.html
Nota que non foi publicada: http://mpdc.blogspot.com/2009/07/o-mpdc-solicita-devolucion-da-fianza.html

0 comentarios:

Publicar un comentario