O MpDC é unha asociación sin ánimo de lucro. Si queres colaborar co seu mantemento podes facer unha doazón con tarxeta de crédito clicando abaixo
Cargando...

29/07/09

Admitida a trámite a execución provisional da sentencia que obriga ao Concello de Compostela cumprir a Ordenanza Municipal


Tamén o Valedor do Pobo voltou a preguntar polo incumprimento da Ordenanza

O Concello aprobou a norma municipal no ano 2003 na que se contemplaba a colocación de varios paneis para a comunicación social e que nas obras en construción se colocasen mupis destinados ás comunicacións publicitarias. Desde entón os mupis colocados foron por mor das denuncias do MpDC e se colocaron en lugares de pouca frecuencia de tránsito de persoas.

O artigo 4, normalmente vulnerado polo Alcalde do Concello, di

O Concello habilitará na vía pública, en lugares frecuentados, soportes adecuados e en número suficiente para posibilitar a colocación neles de carteis ou anuncios. Serán estes lugares habilitados polo Concello os utilizados preferentemente para a comunicación social.

Ademais os promotores de obras habilitarán espacios específicos nos valados de protección das mesmas para a colocación de carteis ou anuncios. Estes espacios estarán perfectamente identificados e, en todo caso, deberá figurar en lugar visible o rótulo “Espacio destinado á comunicación social”.

Poderán colocarse carteis en paredes e valados provisionais de tixolo ou cemento sempre que non existan espacios próximos para este fin, todo iso sen prexuízo do consentimento do propietario do inmoble.


A decisión de interpor o recurso contencioso tomouse ante a inactividade do Concello, xa que os poucos paneis que se colocaron normalmente estaban colocados en lugares pouco transitados, mentres que no centro da cidade eran nulos e nas obras non se habilitaban os espazos obrigados ou puña Prohibido colar carteis". Mentres, por outro lado, se aplicaban as sancións previstas na ordenanza a aquelas persoas ou colectivos que anunciaban actividades por medio de carteis. Ademais os axentes da Policía Local procedían ao seguimento e identificación das persoas que estaban a realizar coladas.

No seu día o Concello de Santiago enviara un escrito ao Defensor del Pueblo xustificando o incumprimento da ordenanza de publicidade estática, no que sinalaba que o único que ía a facer era enviar o texto á Federación Gallega de la Construcción. Así mesmo, aclaraba que as súas actuación se “concretan no desenvolvemento de tarefas de control e vixilancia, sen que de estas intervencións se derivara a incoación de expediente sancionador algún”. Ou sexa, non sancionaba as empresas constructoras que incumpría a Ordenanza mentres sancionaba aos asociacións que actuaban dentro das recomendacións da mesma.

Agora o Xulgado de ven de aceptar iniciar o procedemento de Execución provisional da Sentencia e o Valedor volver a preguntar pola incumprimento da Ordenanza.

0 comentarios:

Publicar un comentario en la entrada

__________________
__________________

Subvencionado pola Deputación da Coruña
  • - .act_wid_1 { font: 16px Arial; margin: 0 0 2em 0;} .act_wid_1 * { border: none; margin: 0; padding: 0;} .act_wid_1 .act_wid_img { margin: 0; padding: 0; heig...
    Hace 1 mes.
  • - .act_wid_1 { font: 16px Arial; margin: 0 0 2em 0;} .act_wid_1 * { border: none; margin: 0; padding: 0;} .act_wid_1 .act_wid_img { margin: 0; padding: 0; heig...
    Hace 1 mes.
  • - .act_wid_1 { font: 16px Arial; margin: 0 0 2em 0;} .act_wid_1 * { border: none; margin: 0; padding: 0;} .act_wid_1 .act_wid_img { margin: 0; padding: 0; heig...
    Hace 1 mes.
Loading...
Cámara hotel monumento
Han actuado 0 personas
Nos faltan 0 firmas

Actúa ahora

Tu nombre
Tu apellido
Tu correo-e
Cód. Postal

Cámaras de Galiza


Ver Cámaras de Galiza en un mapa más grande

Videos do Youtube