Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Un día coma calquera outro

Written By Virgulino on 20/6/09 | 11:00

Descoñecemos o que significaba o solsticio de verán para os nosos antepasados, se era un día de agradecemento, de celebración ou de respeto. O que si sabemos é que era un día importante para eles, tal e como indican as evidencias arquelóxicas de todo o mundo. Desde Galicia á Irlanda sen esquecérmonos de Sudamérica ou Asia.

Sergio Irigoyen. Divulgador científico
Hai quen di que ao halo de misterio creado arredor desta noite o envolve o feito de que, ao ser a máis curta do ano, é o tempo no que o mundo dos mortos e os vivos está máis cerca, apenas unha delgada liña de separación entre a vida e a morte. E se cadra é por iso que en San Xoan saltamos as fogueiras, aínda que a igrexa católica xa se encargou de retrasar os ritos un par de días, se cadra porque San Xoan ten máis valor de márketing que San Terencio ou San Leufrido.

Outros especulan coa posibilidade que fose o inicio do ano para tantos e tantos pobos de todo o mundo, o día no que o sol está no ceo por máis tempo e que marca o inicio da aparición dos froitos da terra e que tamén indica que a temporada de caza xa pode comezar porque acaba de pasar o periodo de cría que garante a perpetuación das especies. As cores da primavera marchan para deixarnos no seu lugar aromas e sabores.
Pero, hoxendía, os máis pensan que é un día como calquera outro, sen novidades, nin nada especial que facer. E teñen toda a razón. Hoxe é un dia tan bo como calquera outro.

Un día bo para recordar as tradicións dos nosos pais, un día bo para abrir un libro e descubrir a marabillosa arquitectura do mundo antigo, un día coma outro para contribuir a que a terra peche o seu ciclo, pese a que teimamos en non respetala.

E un día como calquera outro para facer isto ou quedar na casa sen facer nada. Ti decides.

Por certo, saudade da miña parte aos Terencios e Leufridos que coñezades.

0 comentarios:

Publicar un comentario