Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Dereitos Civís denunciará ante a xustiza as cargas reiteradas contra os folguistas do metal en Vigo

Written By Virgulino on 3/6/09 | 20:27


O Movemento polos Dereitos Civís considera partidista e lonxe da súa obrigada imparcialidade a intervención feita días atrás polo Valedor do Pobo, Benigno López, no Parlamento de Galiza. Durante a súa quenda de palabra, o representante da institución culpou o BNG do conflicto lingüístico que algúns sectores reaccionarios queren alentar na sociedade galega.

Por se as ditas declaracións non fosen suficientes, o Valedor uniulles o comentario de que “o galego non corre perigo”, indo así contra as declaracións feitas en xornadas anteriores polos tres principais partidos da oposición onde recoñecían a existencia da “enfermidade” que sofre o idioma da Galiza.

No que respecta ao conflito lingüístico, cabe dicir que os últimos ataques contra o galego, as inxurias verquidas desde Galicia Bilingüe, as promesas electorais de Feijóo para derrogar o decreto do ensino en galego e o anuncio de que "case están feitas" as preguntas que a nova Xunta fará ás nais e pais para saber en que idioma queren que se eduque as cativas e cativos, foron os que motivaron o Valedor do Pobo a posicionarse públicamente culpando a un partido político, o Bloque Nacionalista Galego que ten, precisamente, como unha das súas principais preocupacións o mantemento e a defensa da lingua propia da Galiza.

O Movemento polos Dereitos Civís sabe ben que detrás da fachada da imparcialidade o único que hai é complacencia coas administracións, un alto emprego do laissez faire ás mesmas e unha nula ou escasa implicación co que debera ser o seu desvelo, o pobo. Se desde o colectivo se afirma tal cousa é debido á reiterada experiencia que ten no trato coa institución galega e á inoperancia e á torpeza, tanto das súas resolucións coma das declaracións públicas que profesa.

O colectivo súmase á defensa dos dereitos civís das e dos cidadáns galegos e solicita a demisión de Benigno López por falta de imparcialidade, pois queda patente coas súas declaracións que o Valedor do Pobo se está dedicando a facer política cando debera cumprir coas funcións inherentes ao seu posto na institución á que representa.

3 comentarios:

Anonymous dijo...

e

Anonymous dijo...

e logo que pensades de Google que esta a percorrer Compostela cunha cámara de alta definición? Ides darlle guerra tamén, ou os paus so os levan os pobriños do Concello que andan sen un patacón?

http://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/santiago-vista-triciclo/idEdicion-2009-06-03/idNoticia-433279/

Apertas

Bugallo dijo...

resulta curioso que os pobriños dos Concellos que andan sen un patacón poidan gastar miles de euros en cámaras que non eviten ni a delincuencia ni os actos de vandalismo.

Publicar un comentario