Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

AEPD multa a Telefónica por facer contratos de móbiles a nenos

Written By Virgulino on 9/12/08 | 11:45

Carolina, Javier e Rosa teñen menos de 14 anos e xa estiveron no ficheiro de solvencia ASNEF, máis coñecido como a listaxe de morosos. Aparecer nel -algo que sucede cando se deixan de pagar as facturas- pode supor non conseguir unha hipoteca para comprar un piso ou non poder ter cartóns de crédito. Os tres (con nomes supostos) deixaron de pagar a factura dos seus móbiles. Agora a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) sancionou a Telefónica Móbiles, a súa compañía, por facerlles un contrato telefónico a pesar de ser menores, por incluír os seus nomes no rexistro de morosos e por usar os seus datos de xeito irregular.

En elpais.com

0 comentarios:

Publicar un comentario