Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O Movemento polos Dereitos Civís expresa o seu rexeitamento ante a posibilidade de que algúns gardas civís sexan sancionados

Written By Virgulino on 5/11/08 | 11:39

A Asociación Unificada de Guardias Civiles (AUGC) cifrou en máis de 3000 os axentes que acudiron o pasado día 18 a unha manifestación en Madrid en prol dunha mellora das condicións salariais dos gardas civís e os policías nacionais.
O Movemento polos Dereitos Civís expresa o seu rexeitamento ante a posibilidade de que algúns gardas civís sexan sancionados pola súa participación nunha manifestación o pasado 18 de Outubro. A asociación manifesta a súa decepción pola nova aparecida na prensa, e agarda que prevaleza finalmente ó dereito á liberdade de expresión e manifestación, tal e como se recolle na Constitución e na recente Lei de dereitos e deberes da Garda Civil.

En xornalgalicia.com

0 comentarios:

Publicar un comentario