Polo menos iso é o que considera o xulgado número 5 de A Coruña quen sentenciou que non queda demostrado que Paco Vázquez incurrira nun delicto de desobediencia ou prevaricación ao non cumprir as sentencias que obrigaban a usar o topónimo oficial da cidade.
A resolución chega poucos días despois de que se iniciase a reconstrucción do expediente completo da denuncia, xa que este foi extraviado polo xulgado. Cabe lembrar que o Movemento polos Dereitos Civís levaba máis de ano e medio agardando a resolución e que tivo coñecemento da perda dos arquivos logo de interpor unha queixa perante o Valedor do Pobo, por mor do retraso acumulado. Así mesmo, hai que destacar que o xulgado tampouco se puxo en contacto coa asociación para comunicarlle en tempo e forma o día e a hora da comparecencia prevista para o inicio da reconstrucción dos autos e que, por este motivo, tivo que ser aprazada.
A sentenza considera que a decisión tomada no pleno municipal (que aprovaba a oficialidade de La Coruña) non vulnera a lexislación actual en materia de toponimia nin tampouco as resolucións da Fiscalía, xa que segundo se explica “lo que se aprueba no es que la ciudad adopte, en lo sucesivo, el topónimo de La Coruña, sino que aprueba su uso conjunto –en gallego A Coruña y en castellano La Coruña- añadiendo en su apartado tercero que cualquier persona o institución o administración podrán utilizarlo conjunta o indistintamente”. A afirmación resulta cando menos curiosa, se se ten en conta que a mesma senteza lembraba que a Lei 3/83 de 15 de xuño de normalización lingüística establece que “os topónimos de Galiza terán como única forma oficial a galega”.
De igual xeito, engade que non quedou suficientemente demostrado que Vázquez desobedecera a lexislación ao empregar o topónimo en castelán en vez do oficial en galego, xa que non se deduce da súa actuación “la clara intención de no cumplir la orden de la Autoridad superior”.
Aínda así, a sentenza anima ao MpDC a recurrir contra a decisión acordada no Pleno Municipal a través da vía contencioso-administrativa, “en cuyo seno se puede solicitar además la suspensión cautelar del acuerdo adoptado”.
Para o voceiro do MpDC, Renato Núñez, isto demostra porque apenas un 23% dos 1.000 galegos entrevistados na enquisa sobre os dereitos civís na Galiza considera que "que os xuices tratan igual ao cidadán que a administración".
Paco Vázquez non quixo incumplir as sentencias ao empregar o topónimo "La Coruña "
Written By Virgulino on 6/10/08 | 17:20
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario