Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O Movemento polos Dereitos Civís apoia a manifestación polo indulto dos tres do Eixo

Written By Virgulino on 24/10/08 | 13:23

O Movemento polos Dereitos Civís manifesta o seu total apoio á manifestación convocada a prol do indulto para Simón Márquez, Xosé Moreira e Xesús Montoiro, os tres veciños do Eixo encarcerados por agredir supostamente a un policía durante unha manifestación. Dende a asociación quérese facer un chamamento ós galegos e galegas para que participen na concentración e a gaiteirada previstas para as 20:30 horas desta tarde, na compostelá Praza do Toural.

O MpDC aproveita a ocasión para reiterar a súa solidariedade cos tres cidadáns, agora que está a piques de cumprirse un ano da súa entrada no cárcere de Curtis. O Movemento continuará apoiando as iniciativas veciñais que denuncien esta inxusta situación, motivada por unha decisión xudicial arbitraria e unha investigación policial nada concluínte.

3 comentarios:

Anonymous dijo...

Vaia cracks, novas em espanhol, nada sobre os juízos políticos ao independentismo... Uns cracks estes do BNG

outro toca coños dijo...

es um calhorda. palhaço. para anonimo

Movemento polos Dereitos Civís dijo...

http://mpdc.blogspot.com/2005/08/ceivar-denuncia-agresin-un-cidadn.html

http://mpdc.blogspot.com/2005/11/o-mpdc-pide-aclaracins-sobre-operacin.html

as notas en español son artigos da prensa colgados na nosa web e non están traducidos. labor que o MpDC non tería ningún inconvinte de que o fixera calquera que dispoña de tempo.

Publicar un comentario