A sentenza dálle a razón ás demandas do MpDC, quen leva anos reclamando que se habiliten espazos destinados á comunicación social
O Concello de Santiago de Compostela terá que cumprir a súa propia ordenanza en materia de publicidade estática logo de que unha sentenza do Xulgado Contencioso-Administrativo número 1 de Compostela ditase sentenza favorable á demanda presentada polo Movemento polos Dereitos Civís. A xustiza dálle a razón deste xeito ao MpDC, quen leva anos reclamando ás autoridades locais a instalación dos espazos destinados á comunicación social establecidos na ordenanza e agora o Concello deberá instalar mupis e obrigar que nos peches de obra se dediquen espazos para a publicidade estática.

O Concello aprobou a norma municipal no ano 2003 na que se contemplaba que nas obras en construción se colocasen mupis destinados ás comunicacións publicitarias, tal é como se di no artigo 4: "O concello habilitará na vía pública en lugares frecuentados, soportes adecuados e en numero suficiente para posibilitar a colocación de carteis ou anuncios”. A decisión de interpor o recurso contencioso tomouse ante a inactividade do Concello, xa que os poucos paneis que se colocaron normalmente estaban colocados en lugares pouco transitados, mentres que no centro da cidade eran nulos e nas obras non se habilitaban os espazos obrigados ou puña Prohibido colar carteis". Mentres tanto aplica as sancións previstas na ordenanza a aquelas persoas ou colectivos que anunciaban actividades por medio de carteis.
Dende o MpDC dubídase de que o Concello cumpra coa sentenza ditada polo xulgado, polo que de non comezar a habilitarse espazos destinados á publicidade estática no prazo legalmente establecido, a asociación presentará unha demanda contra o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, por desobediencia, o que podería implicar a súa inhabilitación para cargo público.
No seu día o Concello de Santiago enviara un escrito ao Defensor del Pueblo xustificando o incumprimento da ordenanza de publicidade estática, no que sinalaba que o único que ía a facer era enviar o texto á Federación Gallega de la Construcción. Así mesmo, aclaraba que as súas actuación se “concretan no desenvolvemento de tarefas de control e vixilancia, sen que de estas intervencións se derivara a incoación de expediente sancionador algún”. Agora deberá comezar, por fin, a aplicar a normativa en toda a súa extensión e non soamente no apartado restritivo.

0 comentarios:
Publicar un comentario