O xulgado de Instrucción nº5 da Coruña iniciou esta mañá a reconstrucción da denuncia que o Movemento polos Dereitos Civís presentara contra o ex alcalde da Coruña, Paco Vázquez, por desacato e prevariación e cuxo expediente o xulgado extraviara completamente. Un representante do Ministerio Fiscal, ao avogado do Concello e máis ao letrado desta asociación foron convocados para hoxe pola mañá para entregar as copias de todos os escritos e documentos que posúen a “fin de proceder á reconstrucción das actuacións”. Así mesmo, o xulgado achegou copia dos documentos extraídos dos sistemas informáticos que aínda obraban no seu poder.
Con este trámite, o MpDC agarda que se poida continuar adiante coa denuncia e se conclúa dunha vez, posto que a asociación leva máis de ano e medio esperando unha resolución por parte do Xulgado.
A través do Valedor
Dereitos Civís presentara unha denuncia contra Paco Vázquez a causa da decisión tomada durante unha sesión plenaria do 2004, na que se decidiu cambiar o topónimo oficial do municipio polo de La Coruña. Non obstante, logo de pasar anos sen se resolver o caso, o MpDC decidiu presentar unha queixa ante o Valedor do Pobo, a través do que o colectivo tivo noticia do extravío do expediente completo.
En decembro de 2005 o xulgado ditou acto polo que se acordaba o sobreseemento provisional e arquivo da causa. Non obstante, en xaneiro de 2006 emitiuse unha providencia dese mesmo tribunal polo que se comunica ao MpDC que se ten por presentado o seu recurso de reforma a esta decisión en tempo e forma. En novembro dese mesmo ano, o colectivo volveuse dirixir ao xulgado coruñés para solicitar que se resolvese o recurso interposto. Dende ese momento, o colectivo non volveu ter noticia algunha da situación na que se atopaba o expediente.

0 comentarios:
Publicar un comentario