O alcalde da localidade anunciara o pasado ano a posibilidade da utilizar o vídeocontrol para evitar os “botellóns” no interior do recinto escolar
Os responsables do CEIP Mar de Fóra de Fisterra deidiron non proceder á instalación de cámaras de videovixilancia nas dependencias do entro escolar, logo da polémica xurdida polas declaracións do alcalde da localidade coruñesa, nas que afirmaba que se puxera en contacto coa Consellería de Educación para proporlle a posibilidade de instalar sistemas de videovixilancia. Segundo a resposta trasladada polo goberno local á Axencia española de Protección de Datos “o Concello de Fisterra non ten intalada ningunha cámara de vídeo vixilancia no Colexio Público Mar de Fóra”.
Dende o MpDC quérese trasladar a satisfacción pola decisión dos responsables do centro escolar e máis do goberno local de non continuar adiante coa proposta de colocar cámaras de vídeocontrol nun lugar especialmente delicado como é un colexio, pois afecta directamente aos dereitos dos cidadadáns máis vulnerables: os menores. De igual xeito, quérese lembrar que a videovixilancia ten demostrado ser un “remedio absolutamente ineficaz” contra o chamado “botellón”, pois nin disuade ás persoas que o practican nin prevén os problemas derivados deste fenómeno.
Queixas ante as institucións públicas
O Concello de Fisterra anunciara en xaneiro de 2007 o seu propósito de instalar videocámaras para seguir á mocidade que fai botellón nas instalacións do CEIP “Mar de Fóra”, logo das reitaradas queixas trasladadas polos pais dos alumnos do centro. Ante este feito, o MpDC dirixiuse á dirección do colexio para confirmar a veracidade destas informacións, aínda que nunca recibiu contestación. De igual modo, a asociación de dereitos civís remitiu os correspondentes escritos á Delegación do Goberno e ao Valedor do Pobo, ante a posibilidade de que o Concello cometese unha ilegalidade instalando cámara de videovixilancia para as que non tiña autorización. Finalmente, e ante a pasividade de ambas as dúas institucións, o MpDC recorreu a AEPD, quen se reclamou ao goberno fisterrá un informe no que se informaba que non instalaron dispositivos de vídeo control no centro de ensino.

0 comentarios:
Publicar un comentario