O Movemento polos Dereitos Civís vai presentar unha queixa ante o Consello Xeral do Poder Xudicial polo extravío do expediente da demanda contra Paco Vázquez que o colectivo presentara no Xulgado de Instrución nº 5 da Coruña. O voceiro do MpDC, Renato Núñez, sinalou que “non é aceptable que a administración de xustiza perda un expediente e non informe aos afectados durante dous anos, por iso imos reclamar perante o CXPX”. De feito, o colectivo nin sequera foi informado deste suceso polo xulgado, senón que tivo coñecemento do extravío da demanda, a través do Valedor do Pobo, institución ante a que presentara unha queixa pola demora do proceso.
Así mesmo, Núñez afirmou que “tampouco é aceptable a actitude do Valedor do Pobo que nin tan sequera se molestou en realizar recomendacións ao xulgado tras demorar anos en resolver un recurso e perder o expediente. É evidente que fai unha grave deixadez de funcións”.
Resposta a través do Valedor do Pobo
Dereitos Civís presentara unha denuncia contra Paco Vázquez a causa da decisión tomada durante unha sesión plenaria do 2004, na que se decidiu cambiar o topónimo oficial do municipio polo de La Coruña. Non obstante, logo de pasar anos sen se resolver o caso, o MpDC decidiu presentar unha queixa ante o Valedor do Pobo, a través do que o colectivo tivo noticia do extravío do expediente completo.
Así mesmo, e sen que mediara citación ou comunicación algunha, o xulgado tiña previsto unha comparecencia para estes días, que finalmente foi aprazada. Dende a institución xudicial xustificaron a falla de comunicación cos membros da asociación alegando que non tiñan un número de teléfono ou fax ao que dirixirse.
Unha denuncia que data do 2005
O colectivo de dereitos Civís presentara unha denuncia na Fiscalía contra o entón alcalde, xa que a modificación do topónimo da cidade non entra dentro das competencias asignadas aos Concellos, e así consta nas dúas sentenzas do Tribunal Supremo e do Xulgado do Contencioso-administrativo emitidas a este respecto. Así mesmo, tamén se criticaba o uso reiterado de cartos públicos para a defensa dun acordo declarado contrario a dereito en varias ocasións, sendo responsábeis deste gasto os concelleiros que votaron a favor da modificación do nome da cidade.
En decembro de 2005 o xulgado ditou acto polo que se acordaba o sobreseemento provisional e arquivo da causa. Non obstante, en xaneiro de 2006 emitiuse unha providencia dese mesmo tribunal polo que se comunica ao MpDC que se ten por presentado o seu recurso de reforma a esta decisión en tempo e forma. En novembro dese mesmo ano, o colectivo volveuse dirixir ao xulgado coruñés para solicitar que se resolvese o recurso interposto. Dende ese momento, o colectivo non volveu ter noticia algunha da situación na que se atopaba o expediente.

0 comentarios:
Publicar un comentario