Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Protección de Datos vai iniciar un procedemento sancionador contra o Concello da Coruña

Written By Virgulino on 4/8/08 | 12:51

A Axencia española de Protección de Datos vai iniciar procedemento sancionador contra o Concello da Coruña por non comunicar a Axencia a existencia de rexistros de gravacións de imaxes procedentes de cámaras de videovixilancia. O organismo vaise dirixir ao goberno coruñés tras realizar un proceso de investigación no que concluíu a existencia dunha infracción da Lei Orgánica de Protección de Datos.

Á falta de autorización previa das cámara instaladas na Coruña súmase agora a falta de rexistros de gravación comunicados á AEPD (obrigatorio segundo a Lei Orgánica 4/97, de 4 de agosto), o que amosa unha clara falta de respecto pola lei para a instalación duns dispositivos que non solucionaron nin os problemas xerados polo fenómeno do “botellón” ni os actos de vandalismo que se produciron nas zonas videocontroladas.


Cámaras na Estación de Autobús

A AEPD non é o único organismo que considera irregular unha actuación do Concello da Coruña. O Defensor del Pueblo considerou que o goberno herculino actuou de xeito ilegal ao proceder a instalar as cámaras de vídeo vixilancia da estación de autobuses e no edificio de Urbanismo sen contar coa autorización previa necesaria. Así se desprende do escrito que a institución dirixida por Enrique Múgica remitiu ao Movemento polos Dereitos Civís en resposta as queixas tramitadas pola asociación. A institución vaise dirixir novamente ao Concello da Coruña para lembrarlle “o deber que lle incumbe de axustar a súa actuación ao disposto na Lei Orgánica 4/97, de 4 de agosto, e cando considere necesaria a instalación de videocámaras non proceda a iniciar dita instalación ata que non obteña a preceptiva autorización da Delegación do Goberno”.

0 comentarios:

Publicar un comentario