Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Dereitos Civís denuncia a existencia de cámaras ilegais na estación de tren de Compostela

Written By Virgulino on 15/5/08 | 10:24

O Movemento polos Dereitos Civís vén de solicitar á Delegación do Goberno que investigue se os responsables da estación de ferrocarril de Compostela solicitaron os preceptivos informes e autorizacións para proceder á instalación das cámaras que están ubicadas en todo o perímetro do recinto. Os dispositivos atópanse tanto na zona das vías como no interior do edificio da estación ou no área de estacionamento de vehículos, aínda que, segundo os datos trasladados dende o Goberno español, ditas cámaras carecen dos persmisos precisos. Tampouco existe no lugar unha sinalización axeitada mediante paneis informativos que indiquen aos usuarios que están a ser gravados por videocámaras, tal e como obriga a normativa actual na materia. Por este motivo, o MpDC tamén reclamou á Delegación que, no caso de que se constate que as cámaras foron instaladas de xeito ilegal, se esixa a Renfe a retirada inmediata das mesmas, dado que se estaría vulnerando o Dereito ao Honor, a Intimidade e a Propia Imaxe dos cidadáns.

Segundo a Lei Orgánica 4/1997, de 4 de agosto, pola que se regula a utilización de videocámaras, estabelécese o réxime de garantías dos dereitos fundamentais e as liberdades públicas dos cidadáns que haberá de se respeitar ineludiblemente nas sucesivas fases de autorización, gravación e uso das imaxes e sons obtidos conxuntamente polas videocámaras. Dende o MPDC defenden que deben primar sempre os dereitos fundamentais á honra, á intimidade e á propia imaxe así como o resto dos dereitos recollidos na Constitución española. Por iso reclaman un especial cumprimento da normativa vixente a administración pública, así como aos entes dependentes dela.

0 comentarios:

Publicar un comentario