Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Dereitos Civís manifesta o seu malestar pola actuación da Xustiza no proceso contra Abel Caballero

Written By Virgulino on 3/4/08 | 14:07

As denuncias presentadas contra o alcalde por negar o dereito de participación aos veciños perante o xulgado xa foron arquivadas
Dereitos Civís quere manifestar o seu malestar pola actuación do xuíz que desestimou as demandas presentadas contra Abel Caballero por prohibir a entrada a un pleno municipal, que foran presentadas perante o xulgado. O MpDC critica que se enterou deste feito a través da prensa, logo de que o veceiro do colectivo recibise unha chamada dun xornalista que lle preguntaba se ían presentar recurso. Non obstante, a denuncia presentada por Dereitos Civís, xunto coas dos colectivos veciñais, continúan o seu proceso, xa que foron presentadas diante da Fiscalía de Vigo. Aínda así, dende a asociación manifestaron o seu temor a que a súa denuncia corra a mesma sorte e quede arquivada sen que se tomen medidas contra as persoas que infrinxiron a lei.
Con feitos como este, a asociación quere chamar a atención de todos os cidadáns para que comproben como funciona a administración neste Estado, onde teñen coñecemento das decisións xudiciais os medios de comunicación antes que os propios afectados. De igual xeito, dar un toque á sociedade para que faga unha reflexións sobre a aplicación do artigo da CE no que se recolle que todos os cidadáns son iguais ante a lei, xa que casos como o presente demostran que existen uns cidadáns aos que o seu estatuto de poder lles concede liberdade para saltarse a legalidade e vulnerar os dereitos dos seus administrados con total impunidade. O MpDC sinala aos veciños de Vigo que deben tomar nota de como as autoridades, institución e administracións involucradas neste asunto velan polos dereitos dos cidadáns

O Movemento polos Dereitos Civís tamén anunciou que, no caso de que a súa denuncia resulte desestimada, presentarase ante o Valedor do Pobo para que continúe coas súas investigacións, xa que se o problema, tal e como manifestou na prensa, era a existencia dun proceso xudicial aberto, non debería ter ningún atranco para retomar as pesquisas e aclarar responsabilidades alí onde a xustiza non se quere meter.

0 comentarios:

Publicar un comentario