As imaxes obtidas a través dos dispositivos de control dos vehículos foron empregadas para a detención dun cidadán
O Valedor do Pobo vén de aceptar unha queixa contra o Concello de Ourense presentada ante a negativa do goberno municipal a informar sobre o uso indebido das cámaras de tráfico. O Movemento polos Dereitos Civís denunciou en reiteradas ocasións a utilización fraudulenta destes dispositivos de regulamento dos vehículos estacionados, xa que eran tamén empregados como cámaras de control cidadá e máis concretamente, unhas imaxes obtidas a través destes sistemas utilizáronse para a detención dunha persoa. Por esta razón o MpDC preguntou ao goberno local sobre o uso que se lles estaba dando a ditas cámaras, pois esta entidade local non dispón da autorización precisa para ter operativos dispositivos de videovixilancia. Non obstante, o colectivo aínda non recibiu resposta algunha por parte do goberno da cidade das Burgas a este respecto, polo que descoñece se continúa a usar as cámaras de tráfico dun xeito fraudulento para observar aos viandantes.
A normativa vixente que regula a instalación das cámaras de seguridade nos espazos públicos obriga a cumprir cos principios de “proporcionalidade e idoneidade”, para o que se fai preciso que unha Comisión de Garantías de Videovixiancia autorice previamente á instalación, e prohibe a súa utilización en canto non se cumpra con todos os requisitos. Ademais, a ubicación das cámaras deben garantir en calquera circunstancia o repecto aos dereitos dos cidadáns recollidos no artigo 18 da Constitución (Dereito ao honor e a intimidade). A asociación para a defensa dos dereitos civís na Galiza reitera a súa petición de información ao Concello de Ourense e anima ao Valedor do Pobo a que exerza as súas potestades e aclare que uso está a realizar esta institución local das cámaras de tráfico.
O Valedor do Pobo acepta unha queixa contra o Concello de Ourense por negarse a informar sobre o uso indebido das cámaras de tráfico
Written By Virgulino on 14/1/08 | 15:16
Etiquetas:
Concello de Ourense,
Dereito ao honor intimidade e á imaxe,
Valedor do Pobo
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario