Os cativos que frecuentan os espazos públicos de ocio serían os máis afectados ao veren vulnerados os seus dereitos fundamentais a diario
A instalación de cámaras de videovixiancia continúa a estar de actualidade. Nesta ocasión trátase das intención do Concello de Lugo de colocar dispositivos de vixiancia nos parques infantís, a pesares de que se fixese público a utilización das cámaras para espiar a intimidade dos cidadáns, vulnerando deste xeito os seus dereitos e quebrantando a confianza dos veciños nas institucións públicas. O Valedor do Pobo aceptou a queixa presentada pola asociación que defende os dereitos civís na Galiza contra o Concello lucense tras a súa negativa a informar sobre a petición trasladada por este colectivo para evitar colocar as cámaras nas zonas de lecer públicas. Dende o MpDC xa se destacara que os principais prexudicados pola aplicación desa medida serían os nenos e nenas que habitualmente utilizan os parques infantís, uns cidadáns que contan cunha especial protección dos dereitos recollidos no artigo 18 da Constitución, e que deste xeito se verían vulnerados todos os días. De igual modo, tampouco se dan os principios de idoneidade e proporcionalidade para a instalación das cámaras, xa que existen outros sistemas para lograr os mesmos obxectivos e que se perfilan máis eficaces e respectuosas cos dereitos dos cidadáns.
A medida do Concello de Lugo enmárcase dentro da tendencia a utilizar as cámaras de videovixilancia como sistemas de control e seguridade cada día máis estendida entre as administración locais galegas e que, non obstante, xa se demostrou ineficaz na maioría dos casos. Ademais, cabe lembrar que, segundo informou o goberno de José Luis Rodríguez Zapatero, en Galicia só existen dous concellos que dispoñan da autorización correspondente para ter instalados ditos dispositivos: A Coruña e Santiago. Do que se deduce que, en calquera caso, o goberno local de Lugo non podería ter actualmente en funcionamento ningunha cámara de videovixiancia, posto que non ten os permisos necesarios.
1 comentarios:
Nice post thank you Sandra
Publicar un comentario