A entidade local desatendeu a petición de información sobre o control das imaxes das cámaras da ORA solicitada por Dereitos Civís
O Movemento polos Dereitos Civís presentou ante o Defensor del Pueblo e a Axencia Española de Protección de Datos unha queixa contra o Concello de Vigo pola instalación das cámaras da ORA no municipio. O MpDC trasladara un escrito ao goberno local o pasado 19 de setembro interesándose pola situación destes dispositivos así como para ter coñecemento sobre quen gardaría as imaxes, quen se encargaría do control das pantallas e como se garantiría o dereito de acceso, rectificación e cancelación destes datos. Despois de transcorridos tres meses e tras a decisión do responsábel municipal desta área de reducir o número de cámaras e realizar un informe xurídico para coñecer a súa legalidade, segundo se informou a través dos medios de comunicación locais, o concello aínda non remitiu resposta algunha ao MpDC sobre o funcionamento das cámaras, polo que non se puido comprobar se estas se axustan ao dereito.
Dereitos Civís manifestou dende o primeiro a súa oposición a instalación das cámaras de tráfico da ORA de Vigo por considerala unha medida innecesaria e errónea, ademais de pór, deste xeito, nas mans de empresas privadas imaxes que logo poden ser filtradas como moitas vistas en internet. Coñecidos son os casos, tamén denunciados dende o MpDC, doutras localidades galegas como Ourense, Ribeira ou Santiago onde as cámaras instaladas para o control de Tráfico foron utilizadas para outros fins distintos. Incluso en Lugo instaláronse cámaras que, lonxe de controlar o que acontecía na Rúa, centrábase no que ocorría no Interior de un edificio.
O MpDC presenta unha queixa ante o Defensor del Pueblo e a Axencia Española de Datos contra o Concello de Vigo
Written By Virgulino on 19/12/07 | 15:09
Etiquetas:
AGPD,
Concello de Lugo,
Concello de Ourense,
Concello de Ribeira,
Concello de Santiago de Compostela,
Concello de Vigo,
Defensor del Pueblo,
Dereito ao honor intimidade e á imaxe,
Dereito de Acceso,
Videovixilancia
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario