Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O arquivo da denuncia contra os policías que tirotearon a un veciño de Meis amosa a impunidade dos axentes policiais.

Written By Virgulino on 17/11/07 | 11:19

O MpDC considera que se transmite a mensaxe de a policía, a pesar de non se identificaron, dispararen contra un cidadán inocente, golpealo, detelo e non ler os deus dereitos non teñen que responder ante a xustiza; gozan de total impunidade

O Feito de que unha actuación tan evidentemente imprudente e neglixente, con claro perigo para a vida dos cidadáns remate co arquivo do caso, demostra de que maneira actúan os axentes e corpos de seguridade do Estado con impunidade. É evidente porque os cidadán non denuncias estes abusos; logo de ter que sufrir unha situación tan traumática, deben de aportar tempo e diñeiro para que un xuíz escoite o seu caso para logo… arquivalo. Mentres tanto os axentes dispoñen de avogados da administración e cobran por acudiren a estes xuízos que acaban sen entrar no fondo do asunto.

No caso que nos ocupa, non estamos falando da intención de facer dano do axente, estamos falando da actuación absolutamente imprudente e neglixente con resultado de lesión, falta de seguimento de calquera protocolo de actuación e que supón un claro perigo para a vida das persoas. Ninguén discutiu a día de hoxe que esta actuación non fora así, ata o Delegado do Goberno pediu desculpas ao afectado.

O artigo 152 do Código Penal prevé penas de 3 meses a dous anos para casos de imprudencia grave como o que nos ocupa; e no caso de que o produza un profesional no exercicio da súa labor, prevése inhabilitación por un período de un a catro anos. A pesar diso o xuíz Juan Carlos Carballal non encontrou motivo para imputar a eses axentes policiais ningún delicto.

O MpDC considera que é evidente que as garantías constitucionais fallan sempre que se ven involucrados corpos e forzas de seguridade do estado e día a día deixamos de crer neses dereitos e transfórmanse en papel mollado. Lembra que mesmo cando se consigue imputar a un axente e que ese sexa condenado é moi probable que o Goberno outorgue indultos, aínda cando non piden perdón as súas víctimas, como pasou cos policías locais de Vigo.

0 comentarios:

Publicar un comentario