Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O certame de ensaios sobre os dereitos cidadáns en Galiza premiará ao gañador co importe da súa matrícula universitaria

Written By Virgulino on 15/10/07 | 11:26

O Movemento polos Dereitos Civís, xunto coa Dirección Xeral de Xuventude, organiza novamente un certame de ensaios sobre os dereitos dos cidadáns na Galiza no que galardoará ao vencedor co importe da súa matrícula universitaria. A vicepresidenta do Parlamento de Galiza, Tareixa Paz, será a presidenta do xurado.

Neste certame poderán participar todas aquelas persoas que estean matriculadas nalgunha das universidades galegas, recibindo como premio o importe da súa matrícula, ou a cantidade equivalente no caso de seren bolseiros.

Os traballos presentados versarán sobre a situación dos dereitos cidadáns en Galiza no 2007, analizando as posibles vulneracións dos mesmos, facendo referencia a temas concretos ou xerais que afecten a dereitos recollidos no Titulo I da Constitución, na carta de dereitos fundamentais da UE, a carta de dereitos do consello de Europa ou calquera outro documento aceptado como garantizador de dereitos fundamentais.

A data límite para a entrega destes traballos será o vindeiro 31 de decembro. O gañador do certame coñecerase un mes máis tarde, o 31 de xaneiro do 2007. Os interesados poden obter máis información na páxina web do MpDC (movemento.org), a través do seu correo electrónico (mpdc@movemento.org) ou ben no teléfono 610858850.

Con esta iniciativa, o MpDC pretende concienciar aos estudantes universitarios sobre como cada día se están a vulnerar máis dereitos cidadáns en Galiza, moitos deles sen que sexamos capaces de darnos conta. Ademáis, este premio pretende facilitar un pouco a situación para moitos universitarios que afrontan con dificultades o pago da súa matrícula.

No concurso anterior resultou gañador Carlos Bello Stout, coa realización dun traballo sobre os "Dereitos Lingüísticos na Faixa Oriental".

0 comentarios:

Publicar un comentario