Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Dereitos Civís chama á participar na manifestación en solidariedade cos veciños de O Eixo

Written By Virgulino on 13/10/07 | 23:59


Terá lugar o próximo domingo, días 21, na Alameda de Santiago, para que se lles conceda o indulto despois de que se lles rexeitara a anterior solicitude.

No ano 1989 varios veciños da parroquia de O Eixo foron denunciados polas lesións sufridas por un membro dos corpos e forzas de seguridade do estado no transcurso dunhas mobilizacións nas que se pedía seguridade viaria na estrada N-525, na zona de Santa Lucía. Anos máis tarde foron condenados a penas de cárcere e unha indemnización de 156000 Euros a pesar de múltiples irregularidades e que non houbo intencionalidade de producir lesións ao axente. Posteriormente o Consello de Ministros rexeitou conceder o indulto aos condenados.

Na sentencia condenatoria admitise que os Policías Nacionais que recoñeceron, en rolda de recoñecemento, aos acusados “puideron chegar a ter ocasión material de cometer a irregularidade de examinar fotos das persoas que presumiblemente ían ter que recoñecer ulteriormente”, admitise que houbo “intervención nas roldas, xunto ás persoas obxecto de identificación, de membros da Policía Nacional” e ademais foi confirmada a “condición de funcionarios en prácticas de varias persoas que integraron as rodas”. Ou sexa que os Policías Nacionais que tiveron que recoñecer aos acusados tiveron acceso ás fotos deles antes da Rolda de Recoñecemento e os recoñeceron entre varios Policías Nacionais.

O Policía Nacional supostamente agredido foi quen identificou “na rúa e de forma casual” a un dos acusados sen que fora capaz de explicar o “motivo que o levou ese día ate a zona de Santiago onde se encontrou con o acusado”. A raíz da súa detención outro veciño do Eixo, e posteriormente acusado, acudiu aos Xulgados para interesarse pola situación do detido, este foi relacionado cós feitos a pesar de que a súa descrición no atestado fala “dunha tez moi branca que contrasta cós seus rasgos e cor de pel, propios dunha persoa acusadamente morena”

Tamén a confusión propia da situación é utilizada na sentencia para xustificar os vacios e contradicción das declaracións policiais, sen embargo no caso da defensa e valorada negativamente e se considera “destacable a tendencia das testemuñas a dar contestación vagas ou a escudarse na súa falta de percepción do suceso cando se pregunta sobre o modo en que se produciron as lesións aos policías”.

“Os forenses tampouco descartaron que unha causa distinta dunha agresión física (un tumulto, por exemplo) puidera causar semellante incidencia no psiquismo do (policía) afectado” e que “os traumatismos sufridos polos policías poida ter como orixe unha caída accidental colectiva”

Desde o MpDC pensamos que quen debería responder polos feitos acontecidos foi quen tratou aos veciños e veciñas de O Eixo como delincuentes e perigosos por reclamaren algo tan lexítimo como a seguridade viaria no seu vecindario. Quen forzou unha situación na que estes veciños e veciñas se viron acurralados e privados dos seus dereitos fundamentais e que ordenou cargar contra veciños e veciñas que non buscaban danar a ninguén e so velar pola seguridade dos seus fillos e fillas.

Non se pode pedir á cidadanía respecto a uns sistema que cirminaliza e envía a veciños e veciñas responsables e preocupados polo seu entorno á cárcere, e indulta a policías que torturan a cidadáns (como os policías municipais de Vigo indultados no 2006).

Por todo isto o MpDC anima a cidadanía a participar na manifestación do próximo día 21. POR XUSTIZA.

1 comentarios:

Anonymous dijo...

os policias hespañois de Compostela son os gañanes e fascistas torturadores mais psicópatas de todo-los hespañolitos que padecemos na Galiza

Publicar un comentario