Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

A Policía Local de Ribeira sinala que nunca cederon imaxes gravadas polas cámaras que controlan o tráfico dunha pelexa aos medios de comunicación

Written By Virgulino on 27/9/07 | 13:28

A imaxe, publicada o pasado 21 de xaneiro, sinalaba á Policía Local como a súa autora, feitos que naquel momento admitiron os axentes


A Policía Local de Ribeira sinala que nunca cedeu imaxes tomadas polas cámaras que controlan o tráfico a ningún medio de comunicación, feito que recoñeceu no momento da súa publicación nun xornal, o pasado mes de xaneiro. Os axentes municipais de seguridade responderon así por escrito ao Defensor del Pueblo así como a Ágencia Española de Protección de Datos, ante as denuncias presentadas no seu día polo MpDC.

Como se pode observar, a Policía Local de Ribeira volve a mentir conscientemente vulnerando de xeito claro o dereito ao honor e á intimidade das persoas. En concreto os feitos ocorreron o pasado 21 de xaneiro, cando un medio de comunicación, El Correo Gallego, publicaba unha fotografía de dous mozos pelexando nas inmediacións dun pub na localidade coruñesa de Ribeira. No pé de foto podía verse claramente como a fotografía fora cedida pola Policía Local, feito que naquel momento admitiu sen ningún tipo de problema.

Pero ante a grave vulneración dos dereitos das persoas que aparecían naquela imaxe, os axentes cambiaron totalmente a súa versión, admitindo agora que esas cámaras só vixían pero non gravan e que os arquivos se destrúen inmediatamente. Parece algo incomprensíbel e inaceptábel que se negue, nove meses despois, un feito tan claro como é este.

Segundo o artigo 10 da Lei Orgánica 15/1999, de Protección de Datos de Carácter Persoal:

“El responsable del ficheiro y quienes intervegan en cualquier fase del tratamiento de los datos de carácter personal están obligados al secreto profesional respecto de los mismo y al deber de guardarlos, obligaciones que substituirán aún después de finalizar sus relaciones con el titular del fichero o, en us caso, con el responsable del mismo”

Esta vulneración está tipificada como grave, no artigo 44.3 de dita norma, que considera como tal “La vulneración del deber de guardar secreto sobre los datos de carácter personal incorporados a ficheros que contengan datos relativos a la comisión de infraccións administrativas o penales”.

Como podemos apreciar, este foi o feito que provocou o cambio de versión da Policía Local, negando de forma clara un feito demostrábel, tan doado como coller ese xornal e ver dende onde está tomada a fotografía, xustamente onde hai unha cámara de videovixiancia que, en teoría, controla o tráfico da vila.

Día tras día, o MpDC observa no seu traballo, como a Policía Local así como as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado vulneran unha e outra vez os nosos dereitos.

A noticia no Correo Gallego

0 comentarios:

Publicar un comentario