Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O MpDC inicia un campaña para recadar fondo para unha denuncia contra Múgica

Written By Virgulino on 14/9/07 | 18:50

O MpDC comezou un proceso no ano 2002 co Defensor del Pueblo no que se lle solicitou a retirada das cámaras de videovixiancia de Santiago de Compostela por non contaren cos permisos necesarios.

Hoxe en día (catro anos despois e logo que o Defensor del Pueblo decidira o arquivo da Queixa, aínda cando lle remitimos documentación que demostraba que as cámaras de Compostela non contaban cos permisos necesarios) ante a falta de atención e a ineficacia das actuacións do Defensor del Pueblo a intención do MpDC é interpor un recurso contencioso-administrativo no Tribunal Supremo para que esa Institución nos facilite os expediente completo relativo a súa investigación; expediente que nega sistematicamente a facilitarnos.

Este é un recurso sen precedentes no dereito do Estado Español, demostrando así que se pode loitar contra a falta de compromiso de este tipo de entes públicos independentes.

Dende a asociación queremos solicitar a vosa colaboración xa que este proceso implica uns custos moi elevados, ao ser necesario contratar un procurador en Madrid. Agradeceríamos calquera aportación que nos poidas facer chegar a través da conta do MPDC en Caixanova (2080 0540 44 004000072) ou por internet (con tarxeta de crédito) por medio do Pay Pal.

Ningunha doación é pequena, desde de 1€ e desde a túa casa podes axudarnos.



















0 comentarios:

Publicar un comentario