Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O Valedor do Pobo non acusou recibo dunha queixa presentada en maio deste ano

Written By Virgulino on 30/8/07 | 11:31

A Lei do Valedor do Pobo obriga que se acuse recibo de todas as queixas e, a día de hoxe, non se acusou recibo, nin se contestou á queixa.

O pasado mes de marzo presentouse perante o Valedor do Pobo unha queixa contra o Alcalde de Santiago de Compostela por non contestar a unha solicitude de reunión dunha plataforma desta cidade. A data de hoxe, pasado mais de cinco meses, a Institución do Valedor do Pobo non contestou de ningunha maneira a esa queixa; non informou da súa aceptación ou rexeitamento, nin sequera acusou o seu recibo.

Por si se podía entender que fora un error administrativo (o extravío da queixa) a plataforma enviou recordatorios ao Valedor do Pobo o pasado mes de xuño e inicios de agosto sen que surtiran ningún tipo de efecto.

A este asunto súmase o recente caso no que o Valedor do Pobo rexeitou, até en dúas ocasións, unha queixa asinada por tres afectados directos alegando que a organización que os asesorou non tiña lexitimidade para reclamar.

Non entendemos que pasado mes e medio desde a toma de posesión do cargo do novo Valedor, este non tomaras a medidas para desbloquear os asuntos que o Sr. Sande tiña paralizado.

Desde o MpDC pedimos unha profunda reestructuración da Institución e que permita que non se de situacións deste tipo, no que a Institución que ten encomendada a defensa dos nosos dereitos, vulnera de forma evidente os mesmos.

0 comentarios:

Publicar un comentario