Nova rotura de lunas nunha zona que conta con videovixilancia
Coa nova rotura dun cristal dunha farmacia no casco vello de Compostela, maniféstase –por enésima vez- a inutilidade dos dispositivos de videovixilancia colocados desde o ano 99 na zona, co cal québrase o único argumento dos seus defensores. Precisamente esta zona é a que vén sufrindo máis incidentes similares nos últimos tempos, recollidos con profusión de detalles na prensa local co mesmo guión: violencia nocturna de descoñecidos, alarmismo pola extensión do vandalismo, lamentos dos comerciantes e reclamación de novas medidas para atallar o problema. As cámaras –que, para colmo, segundo o sarxento da Policía Local, non gravan- non serven como elemento disuasorio nin foron útiles para resolver un só suposto delictivo na cidade.
Desde o MpDC queremos denunciar a persistencia do Concello de Santiago en manter unhas instalacións que son inútiles para o fin concreto para o que se colocaron, mentres invaden a intimidade dos cidadáns constantemente, co cal a ninguén debería estrañar que causen polémica de xeito constante.
Como é coñecido, do MpDC discrepamos notabelmente da interpretación do Concello, e non consideramos que estes pequenos feitos violentos xustificasen por si mesmos as limitacións dos dereitos do conxunto da cidadanía, tamén a que non realiza delito ningún; aínda así é chamativo que só se garante a vixilancia contante sobre a cidadanía que percorre as rúas de Compostela mentres non se resolve ningún destes episodios de violencia. Isto vén reforzar a nosa convicción de que a suposta “seguridade cidadá” é tan só unha excusa con certo grao de aceptación social que é utilizada polas institucións para potenciar mecanismos de control sobre a cidadanía. Isto confírmase có feito de que nas manifestación e concentracións que se realizan ou pasan por esa Praza receben un importante seguemento por medio desas cámaras.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario