Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O Xulgado do Contencioso confunde un recurso contra o Valedor con outro caso e tarda sete meses en decatarse

Written By Virgulino on 9/7/07 | 11:23

O Xulgado do Contencioso Administrativo número 1 de Compostela equivocouse ao contestar a un recurso do Movemento polos Dereitos Civís contra o Valedor do Pobo, e tardou até sete meses en decatarse.

O MpDC presentara un recurso contencioso contra o Valedor debido a que este non respondera a distintos expedientes administrativos. O Xulgado afirmaba que lle correpondería tramitalo ao Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, pero respondía auto a unha resolución da Mesa do Parlamento, en vez do recurso presentado.

Porén, o Xulgado mantén a mesma tese na corrección tardía do seu razonamento xurídico e afirma que será o TSXG o que responda o recurso. O MpDC manterá o recurso despois deste novo e intricado episodio .

0 comentarios:

Publicar un comentario