Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O MpDC critica a desmesurada operación policial que se está a levar a cabo con motivo do 25 de xullo

Written By Virgulino on 17/7/07 | 14:48

No día de hoxe, efectivos do corpo nacional da policía estaban a parar os coches que entraban a Santiago procedentes do Milladoiro, facendo especial fincapé nos turismos conducidos por mozos

SANTIAGO. 17-07-07- O Movemento polos Dereitos Civís quere mostrar o seu descontento coa desmesurada actuación policial que se está a levar a cabo no día de hoxe, e en días pasados, con motivo da vindeira celebración do 25 de xullo na capital de Galiza. Hoxe pola mañá, os efectivos do corpo nacional da policía realizaron unha operación de control dos turismos que chegaban a Compostela procedentes do Milladoiro, facendo especial fincapé nos turismos conducidos por mozos e mozas.

Nos últimos días xa asistimos a varias situacións de alarmismo que non fan outra cousa que alterar a poboación de Compostela así como os miles de turistas que se achegan á nosa cidade nestas datas. Se o venres día 6 era o simulacro de bomba na Estación de Autobuses, o domingo día 8 de xullo, a Policía Nacional acordoou a zona da Plaza de Galicia por unha mochila que só contiña froita.

A Policía Nacional debería ter claro que un terrorista que quere poñer unha bomba non accede á cidade en hora punta, parando nos atascos coma calquera outro traballador. Case con toda seguridade levaría meses na cidade con todo o operativo preparado.

Cámaras de videovixiancia inoperativas

Ademais, a cidade de Compostela conta con varias cámaras de videovixiancia situadas na zona Vella que en repetidas ocasións demostraron a súa inoperatividade. O Sarxento da Policía Local chegou a afirmar por escrito que nunca gravaron. Fai uns días romperon un escaparate no Toural sen que estes dispositivos de grabación serviran para deter aos culpábeis. Dende o MpDC, nos preguntamos si poden seguir afirmando a cidadanía que non gravan cando existe un dispositivo policial desta magnitude. Para que están?

0 comentarios:

Publicar un comentario