Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

A Garda Civil só permitiu o acceso a unha accidentada ao seu expediente tras ordenarllo o Ministerio de Interior

Written By Virgulino on 16/7/07 | 14:09

Dentro do habitual escurantismo practicado pola administración, e en especial polas forzas e corpos de seguridade do Estado, unha cidadá vira denegada hai máis de medio ano unha solicitude de acceder a información relacionada coa actuación da Garda Civil nun accidente de Tráfico, despois de presentar unha queixa contra a actuación deste corpo.

Posteriormente, despois de diversas reclamacións, foi a Inspección de Persoal do Ministerio do Interior a que emendou a actitude dos axentes da Guarda Civil e afirmou que esta cidadá tiña dereito ao coñecemento deste expediente.

A partir deste momento, a Garda Civil dirixiuse á persoa afectada –con seis meses de retraso- para lle comunicar o dereito de acceder ao expediente. Sen embargo, para xustificar a negativa a facilitar os datos reclamados, informou que cría que era a Inspección de Persoal quen llo debería facilitar; algo que non se axusta a realidade pois a Inspección de Persoal non obtivo o mencionado expediente ate que llo remitiu a Garda Civil.

Non entendemos porque a Garda Civil mantén con teimosía a vontade de impedir o acceso da cidadanía a datos aos que ten pleno dereito, en especial cando se formula unha queixa.

Desde o MpDC queremos exixir outra actitude destes corpos e da administración en xeral, que debería estar obrigada a facilitar os dados e a información que require a cidadanía. No pasado téñense presentado propostas de cara a criar unha Lei de Acceso á Información.

0 comentarios:

Publicar un comentario