Durante o 25 de Xullo a Policía Nacional cargou en tres ocasións agredindo a turistas e viandantes.
Written By Virgulino on 26/7/07 | 9:15
Había turistas que dicían que nunca viron tanta policía nunha manifestación (referíanse a manifestación do día 24, convocada pola CIG, polo convenio de Hostalaría), houbo tres cargas policiais, algunha por pelexas entre persoas embriagadas, onde turistas e algúns organizadores dos festivais que se realizaban o 25 foron agredidos.
O Movemento polos Dereitos Civís considera que as autoridades deberían explicar a efectividade do enorme despregue policial realizado durante os últimos días. Os cidadáns de Santiago tiveron que sufrir o control continuado do Helicóptero da Policía, controles policías nas estradas, cacheos nas rúas, amosar as pertenzas que levaran nas mochilas para acceder a zonas de Santiago, unha manifestación legal por un convenio laboral foi vixiada por tal cantidade de Policías Nacionais que creou unha situación de verdadeira intimidación nos participantes, falsas alarmas de bomba provocadas por bolsas con froita, simulacros de atentados, cidadáns con iconos nacionalista virán limitados o seu dereito á libre circulación (unha clara discriminación)...
Nembargante, non houbo nin rastro de Resistencia Galega ou de ETA, mentres o exceso de Policías Nacionais produciron situación de verdadeira intimidación entre os comúns dos cidadáns e turistas, unha imaxe de enorme perigosidade da cidade e facilitaron a realización de cargas policías desproporcionadas para delitos menores (que, noutras situacións, solucionaríanse con algunha detención) provocando feridos que nada tiñan que ver coas actuacións policiais e que posiblemente pensarían que se produciran os atentados tan advertidos.
Por todo isto as autoridades deberían explicar para que mantiveron en Estado de Sitio á Comarca de Santiago durante as últimas semanas. Buscábase crear unha situación de medo? Buscábase xustificar as posibles cargas policiais? Buscábase facer unha demostración de forza? Buscábase distraer a atención da cidadanía ante a ineficacia destes Corpos para garantir a súa seguridade?
Queremos lembrar que as bombas non estaban aquí, estaban en Navarra.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentarios:
No correo gallego hai un incondicional que pide continuamente a opinión do MPDC, Mira o que pon sobre o tema: http://www.elcorreogallego.es/index.php?idMenu=52&idNoticiaOpinion=192307
Publicar un comentario