Segundo o Sr. Manuel Ameijeiras, o Estado encóntrase en alerta 2 desde de hai meses e, segundo a Garda Civil, afírma que se está a buscar a unha ducia de mozos e mozas aos que se consideran próximos a Resistencia Galega.
SANTIAGO. 20-07-07- O Movemento polos Dereitos Civís non entende que a Delegación do Goberno non convocase ao Consello Autonómico de Seguridade Cidadán cando considera que Galiza está as portas da “alerta máxima, en la que se moviliza al Ejército y al cien por ciento de los efectivos”, polo perigo de atentado islamista ou por acción da Resistencia Galega. Sobre todo cando o Delegado do Goberno amosa tal descoñecemento dos “perigos que lle envolven” ao, segundo se informa en “La Voz de Galicia”, misturar a Resistencia Galega có islamismo radical recordando “que esta fecha, en la que se festeja a un santo invocado en la guerra para expulsar a los árabes de España, «puede ser aprovechada por movimientos independentistas radicales para dejar constancia de su presencia»”
O MpDC xa amosou o seu descontento coa desmesurada actuación policial que se está a levar a cabo nestes días en Santiago con motivo da vindeira celebración do 25 de xullo na capital de Galiza; con operacións de control dos turismos que chegaban a Compostela facendo especial fincapé nos turismos conducidos por mozos e mozas. A isto hai que sumarlle a falta de interese do Sr. Amejeiras a convocar o Consello Autonómico de Seguridade Cidadán, órgano de participación cidadá, para tratar de como informar sobre o traballo previo realizado (si se realizou algún) de como facer estas actuacións policiais mais levadeiras e pór en coñecemento da cidadanía a situación de perigo que afirma existir.
Nos últimos días xa asistimos a varias situacións de alarmismo que non fan outra cousa que alterar á poboación de Compostela así como os miles de turistas que se achegan á cidade nestas datas e levan unha impresión moi negativa. Se o venres día 6 era o simulacro de bomba na Estación de Autobuses, o domingo día 8 de xullo, a Policía Nacional acordou a zona da Praza de Galicia por unha mochila que só contiña froita.
O MpDC espera que esta alerta 2 de Seguridade non sirva para que poidamos ver, como xa pasou noutros anos, a motoristas da Policía Nacional, arma en man, circulando por medio da multitude que asiste á noite do 24 aos fogos; ou situacións similares.
Cámaras de videovixiancia inoperativas
Por outro lado o MpDC acaba de recibir un informe do Concello de A Coruña no que di que as cámaras da Estación de Autobuses non funcionan (segundo o Concello, levan un ano instalándose). A isto temos que sumar que o Sarxento da Policía Local de Santiago afirmou por escrito que as cámaras desta cidade nunca gravaron. Sería interesante que o Sr. Ameijeiras explicara para que se desprega centos de Policías en Galiza, sobre todo en Compostela, cando as medidas de seguridade que el autoriza non son utilizadas; supoñendo que realmente non son utilizadas.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario