Introduciron xuntos nunha ambulancia a moza que podería ter sofrido maos tratos e ao seu marido
Na noite do 9 de xuño, unha rapaza de 19 anos permanecía deitada na rúa na cidade de Vigo, con evidencias claras de ter consumido alcohol e atoparse mal. Cando varios mozos se achegaron para socorrela, ela insistiu en que chamasen á Policía; segundo os distintos testemuños podería tratarse dun caso de maus tratos. Porén, en canto chegou a persoa que dicía ser o seu marido, a Policía permitiu automaticamente que a acompañase na ambulancia, desoindo á cidadanía alí presente.
Os principios básicos que teoricamente rexen a actuación da policía foron conculcados polos axentes da Policía Local de Vigo nesta ocasión, xa que se prevén que están nun caso de maus tratos non é unha decisión adecuada que o marido acuda na ambulancia coa persoa afectada, como é lóxico. Aínda, é de salientar que foi a cidadanía a que tivo máis senso común e tentou convencer aos efectivos policiais de actuar doutra forma, sen éxito.
O MpDC solicitou que o Concello de Vigo investigue esta actuación policial para dilucidar así as posibles responsabilidades derivadas da súa actuación. Apesar de que a cuestión da violencia contra as mulleres continúa presente –desgrazadamente- na palestra mediática, é evidente que a actuación das forzas policiais necesita aínda dunha maior formación, especialización e nomeadamente sensibilidade a respeito das situacións concretas das mulleres que nalgún momento sofren un maltrato físico ou psicolóxico.
Actuación neglixente da Policía Local de Vigo
Written By Virgulino on 3/7/07 | 11:11
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario