Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

A represión que nunca existiu

Written By Virgulino on 20/6/07 | 12:45

O vindeiro xoves, día 21 de xuño, ás oito da tarde, na Galería Sargadelos da rúa da Oliva, en Pontevedra, organizado por Asociación Sinhor Afranio e Sempre con Vós, Cidadanía pola Verdade, terá lugar un acto público no que intervirán os historiadores Dionisio Pereira, Xoán Carlos Garrido e Xosé Álvarez e que terá por título: A REPRESIÓN QUE "OFICIALMENTE" NUNCA EXISTIU.

O obxectivo é dar a coñecer á opinión pública as características máis destacadas da represión informal levada a cabo a partires do 20 de xullo de
1936 na comarca de Pontevedra e Terra de Montes.

Expoñeranse exemplos que permitan coñecer a mecánica represiva levada a cabo polas organizacións paramilitares que actuaron na nosa comarca e as dificultades que se presentan aos investigadores á hora de estudar a mesma, facendo referencia especial á utilización de fontes orais. Aínda así, a investigación continúa coa axuda de diversidade de fontes e tentando vencer atrancos que como as denuncias , pretenden entorpecer a tarefa de dar a coñecer, de xeito riguroso e científico, os feitos sucedidos fai 70 anos. A entrada ao acto será libre.

Ambas organizacións convocantes están coordenadas con máis de 40 asociacións, na INICIATIVA GALEGA POLA MEMORIA, que fixo un manifesto ante a "Ley ZP da memoria" que se dará a coñecer próximamente en diversos actos por toda a nosa xeografía.

0 comentarios:

Publicar un comentario