Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O Concello de Compostela garda datos sobre a cidadanía sen o seu consentimento e sen dereito de acceso

Written By Virgulino on 23/4/07 | 11:02

O Concello emitira un informe no que recoñecía a existencia de diversos arquivos sobre o coordenador do MpDC
A Axencia de Protección de Datos recoñece que a entidade local incumpre a lexislación
Existe unha demanda admitida a trámite pola mesma razón nun xulgado do contencioso


A Axencia Española de Protección de Datos entende probado que o Concello de Compostela incumpre a lexislación ao non facilitar o dereito de acceso a datos de carácter persoal. O Concello emitira un informe no que recoñecía a existencia de diversos arquivos –en posesión da Policía Local- sobre o coordenador do MpDC, e este solicitou acceder a todos os informes contidos nos ficheiros da Policía.

En concreto, o Concello de Compostela remitira hai tres anos este ao Defensor del Pueblo no que afirmaba expresamente que existían diversos arquivos, en poder da Policía Local, sobre o coordenador naqueles momentos do Movemento polos Dereitos Civís, Renato Núñez. O MpDC solicitara, diante do Concello e da Policía, que se remitira unha copia deses expedientes, de acordo coa lexislación vixente, mais despois negouse a existencia dos mesmos, o que contradí precisamente un documento oficial asinado polo alcalde, Xosé Sánchez Bugallo. Do MpDC tamén se presentou unha demanda no xulgado do contencioso-administrativo contra o Concello que recentemente foi aprobada a trámite.

A Axencia de Protección de Datos exíxelle agora ao Concello que facilite a información nun prazo de dez días. Desde o MpDC consideramos un grave ataque contra as liberdades cidadás que un concello teña como norma arquivar diversa información sobre os seus cidadáns, sen informalos e sen o seu consentimento, e que estes nen sequera poidan chegar a coñecer estes datos.

0 comentarios:

Publicar un comentario