O Movemento polos Dereitos Civís (MpDC) organizou este ano o Certame de ensaios “Dereitos Civís na Galiza”, que finalmente gañou o traballo "Dereitos lingüísticos na faixa oriental", de Carlos Bello Stout, que terá como premio o importe da súa matrícula universitaria.
O acto público de entrega do premio celebrarase na Sala Sargadelos en Santiago de Compostela, o mércores 14 de marzo ás 20:00, coa presenza do autor do traballo, que fará unha breve exposición do mesmo, de varios membros do xurado e de representantes do MpDC.
Tamén contaremos con Tamara Guirao, autora do traballo sobre “A protección de datos en Galiza: a deslocalización do telemarketing", que tamén será publicado polo Movemento porpetición do xurado.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario