Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

A Policía Local de Santiago paraliza a recollida de sinaturas do MpDC contra a rúa Manuel Fraga

Written By Virgulino on 23/10/06 | 19:10

A Policía Local de Santiago paralizou hoxe a recollida de sinaturas do Movemento polos Dereitos Civís contra a adxudicación dunha rúa compostelá ao ex presidente da Xunta de Galiza Manuel Fraga. Este feito enmárcase dentro dunha campaña que se está levar a cabo dende a alcaldía, comandada por Sánchez Bugallo, para evitar que a cidadanía santiaguesa se pronuncie ao respecto.

Ademáis, a semana pasada, os Servizos de Limpeza de concello retiraron en menos de tres horas, e por dúas veces consecutivas, os cartaces nos que se informaba desta iniciativa que tenta levar a cabo Bugallo e tamén desta recollida de sinaturas por parte do MpDC.

No día de hoxe, Bugallo valeuse dos axentes da Policía Local para poñer trabas a unha recollida de sinaturas totalmente legal, da que xa foran avisados a semana pasada mediante os pertinentes permisos.

De todas formas, o MpDC continuará coa súa labor de velar polos dereitos dos cidadás polo que no día de mañá tentará instalar de novo esta mesa.

0 comentarios:

Publicar un comentario