Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

A Diputación da Coruña cede ordenadores con mais de 11 anos de antiguedade.

Written By Virgulino on 28/8/06 | 18:02

O MpDC devolverá o Pentium (75 Mhz) e 32 Megas de memoria RAM con 11 anos de antiguedade que lle cedeu a Diputación da Coruña despois de que esa asociación presentara un contencioso por mor dos case tres anos de demora na entrega dun equipo informática que lle fora concedido.

O Movemento polos Dereitos Civís considera que a Area de Presidencia da Diputación comete un fraude ao realizar unha convocatoria na que se lle entregaría, en concepto de cesión, equipos informáticos a varias asociacións da provincia. Despois de casi dous anos, nos que o MpDC remitiu varios escritos interesándose polo equipo e que non foron contestados, a Diputación seguía sin facilitalo. Por ese motivo presentou unha denuncia pola vía contenciosa-administrativa e logo, no prazo dun mes, a Diputación púxose en contacto coa asociación para informarlle de que podía recoller o equipo comprometido.

Como era de esperar, tras casi dous anos de demora na entrega do equipo, o MpDC xa se comprara material informático cós seus própios medios e o equipo que remitiu finalmente a Diputación resultou estar completamente desfasado, con mais de 11 anos de antiguedade, sin DVD, CD ou porto USB (imprescindibles ante o desuso dos tradicionais disquetes) e absolutamente inutil para funcionar cós programas informáticos actuais.

Por todo iso o MpDC devolverá o equipo recibido á maior brevidade posible, cun escrito dirixido ao Servizo de Patrimonio e Contratación, dependente de Presidencia, no que se lembra que os medios facilitados por esa Administración deberian ser úteis para o seu uso en tarefas corrente e pedindo que non se acuda aos colectivos da Provincial como almacéns de material inservible.

0 comentarios:

Publicar un comentario