Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O alcalde da Pobra de Trives fai caso omiso das denuncias do MpDC

Written By Virgulino on 28/6/06 | 14:02

O Movemento polos Dereitos Civís presentou unha queixa ante o Valedor do Pobo e outra ante o Concello da Poboa de Trives no mes de xaneiro, e posteriormente volveu formulala en maio, sen que a día de hoxe se teña recibido contestación á mesma nen tampouco explicación algunha das actuacións realizadas para corrixir as actuacións incorrectas.

A comezos de ano o MpDC tivo coñecemento de que o alcalde do Concello da Póboa de Trives, do Partido Popular, discriminaba a certas asociacións do Concello por motivos ideolóxicos e non lles permitía o uso das instalacións de titularidade municipal, mentres que estas eran cedidas de bo grao a outras asociacións máis afíns politicamente. Neste caso tratábase da organización xuvenil Galiza Nova, que solicitara poder utilizar a Casa da Cultura do Concello para proxectar un documental sobre a vida do Ché Guevara. Ante esta solicitude, formulada por escrito correctamente, o alcalde respondeu que só se podía utilizar as instalacións municipais para facer política dentro do período de campaña electoral.

Como resulta evidente, esta actitude é totalmente discriminatoria, e por iso, ademais de solicitar ao propio concello, e no seu nove ao Alcalde, que corrixira os modos absolutamente dictatoriais cos que concede ou non permisos para utilizar bens que deberían poder utilizar todos os veciños, teñan a ideoloxía que teñan, dirixímonos tamén ao Valedor do Pobo, pedíndolle que intercedera ante o citado alcalde para que a situación denunciada fora solucionada. Sen embargo, a día de hoxe, seis meses despois de ter presentada esta queixa, non temos recibido contestación algunha, por parte do Alcalde, e Galiza Nova e outras asociacións deste Concello ourensán seguen sen poder utilizar as instalacións do concello tal e como é o seu dereito.

0 comentarios:

Publicar un comentario