Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O MpDC entregou outros 500 correos en contra da Rúa Manuel Fraga, entre eles o de concelleiros do PSOE

Written By Virgulino on 11/5/06 | 15:02

Hoxe o MpDC presentou no rexistro xeral do Concello de Compostela outros 500 correos electrónicos en contra da Rúa Manuel Fraga iribarne, entre eles o do Concelleiro do PSOE de Negreira, Jorge Tuñas.

O Movemento polos Dereitos xa recolleu cerca de 2000 correos electrónicos, fundamentalmente de Santiago de Compostela pero tamén de lugares tan dispares como Arxentina, Reino Unido ou Paises Baixo. Entre os correos recibidos atopanse o de membros do PSOE como o concellal de Negreira, Jorge Tuñas. Tamén se está a recoller apoios de persoeiros aos que xa sumaron Suso de Toro, Xosé María Álvarez Cáccamo, Antón Dobao, Chus Pato ou Mar Caldas. Tamén se sumaron novas asociacións e colectivos á petición de retirada da proposta de outorgarlle o nome dunha rúa a Manuel Fraga como Galiza Nova de Compostela, BNG de Compostela, A asociación "O Galo", Cineclube Compostela ...

Os próximo días 15 e 16 o MpDC recollerá asinaturas no Toural (actividade para a que aínda estamos esperando autorización do Concello) e ten previsto realizar unha charla sobre a vida de Manuel Fraga Iribarne. Si todas estas iniciativas non son consideradas suficiente polo Sr. Sánchez Bugallo para que retire a súa proposta, o MpDC valora a posibilidade de convocar unha concentración cando se vaia instalar a placa da Rúa Manuel Fraga Iribarne.

Ademais, os servizos de limpeza do Concello retiraron durante a noite pasada todos os cartaces que o Movemento polos Dereitos civís colara onte en diferentes lugares da cidade anunciando a recollida de sinaturas.

0 comentarios:

Publicar un comentario