Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O MpDC cuestiona que o concello de Santiago tivera previsto cumprir a súa propia ordenanza de publicidade estática

Written By Virgulino on 24/4/06 | 16:14

Movemento polos Dereitos Civís manifesta as súas dúbidas sobre o contido do comunicado emitido polo concello de Santiago no que se afirma que este xa tiña previsto colocar 20 paneis para publicidade estática. Máis cando este comunicado se emite casualmente logo de que o MpDC presentara unha denuncia no concencioso-administrativo e no Defensor del Pueblo, precisamente polo incumprimento da ordenanza municipal de Publicidade Estática.

O pasado domingo 23 de abril , o concello de Santiago emitía un comunicado no que se facía público que o concello xa tiña intención de colocar 20 paneis para publicidade estática antes de que o MpDC presentara a súa denuncia o xulgado.

Dada a coincidencia temporal entre este comunicado e a denuncia presentada polo MpDC Núnes explica que "temos serias dúbidas de que o concello tivera previsto a colocación destes paneis porque presentamos unha petición por escrito, transcorreron tres meses sen que o concello respondera e, por iso tivemos que presentar a denuncia no contencioso e no Defensor del Pueblo".

Diante deste anuncio, Renato Núnes, coordinador do Movemento polos Dereitos Civís, indica que "esperamos que tamén teñan previsto obrigar ás empresas construtoras a que nos peches das obras permitan a pegada de carteis, que se manteña o ornato e a estética da cidade e que se retiren as cámaras de vídeovixianza, porque tamén temos presentado denuncias no contencioso-administrativo por estes temas..."

O MpDC presentara a súa denuncia no contencioso administrativo polo incumprimento do concello de Santiago da Ordenanza de Publicidade Estática emitida polo propio organismo. O MpDC solicitaba que se colocaran uns paneis, tal e como contempla a ordenanza e que se habilitaran os valados das obras como espazos para pegar carteis, xa que hai obras que poñen "prohibido pegar carteis" e a ordenanza obriga que se podan pegar alí.

Por último o MpDC espera que tamén se teña previsto retirar a proposta de dar o nome dunha rúa ao Sr. Manuel Fraga pois presentará esta semana copia escrita no rexistro municipal dos primeiros 1.000 correos electrónicos enviados ao Concello.

0 comentarios:

Publicar un comentario