Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O Concello de O Grove xa non presentará Ordenanza contra a mendicidade.

Written By Virgulino on 26/12/05 | 16:29

Segundo o Concello "non existe proxecto municipal algún en relación cunha ordenanzas que regule a mendicidade"

O Movemento polos Dereitos Civís tivo coñecemento en febreiro do 2005 de que o Concello de O Grove tiña previsto a realización dunha Ordenanza para prohibir a mendicidade ante "o preocupante aumento de rumanos nas rúas". Ante o discriminatoria da medida o MpDC reclamou á Delegación do Goberno, O Concello de O Grove eo Valedor do Pobo que se paralizara a iniciativa.

O pasado día 2 de decembro o Movemento polos Dereitos Civís recibiu comunicación do Defensor del Pueblo (pois o Valedor do Pobo declarou que non era da súa competencia o asunto) de que o Concello de O Grove afirmaba que "é posible que os medios de comunicación falase deste tema, pero o asunto non pasou de ser un mero estudio".

O MpDC quere manifestar a súa satisfacción polo desenlace deste caso que, por outro lado, segue no Defensor del Pueblo ante a demora da Delegación do Goberno e do Concello de O Grove en responderen a esta asociación.

Desde a Asociación queremos lembrar que tamén nos interesamos sobre as medidas sociais que o Concello de O Grove tiña pensado tomar para evitar estas situacións de mendicidade. Si pensaba expulsar os mendigos a forza ou pensaban buscar medidas de integración.

2 comentarios:

Sol Costas dijo...

Acabo de por un enlace no meu blog para que mais xente vos poda visitar. Unha aperta.

http://ogrobe.blogspot.com/

Cousas de O Grove, Crónicas de un pueblo.

Sol Costas dijo...

Enhoraboa polo blog. Acabo de por un enlace no meu para que vos poda visitar mais xente. Gostariame que fixeradelo mesmo.
Un saudo.-

http://ogrobe.blogspot.com/

Cousas de O Grove, Crónicas de un pueblo.

Publicar un comentario