En total serán 22 dúas cámaras instaladas na Estación de Autobuses e nas dependencias municipais de Urbanismo. Nembargantes, a día de hoxe, o Concello aínda non aclarou si tiña permiso para vixiar a praza do Humor e de María Pita.
O Movemento polos Dereitos Civís espera que o Concello non faga unha utilización fraudulenta das videocámaras e sexa respectuoso coa normativa vixente que as regula. Esta asociación lembra que o Concello de A Coruña xa comunicou nalgunha ocasión que dispuña de permisos para a utilización de videocámara para a vixilancia das rúas da cidade, afirmación que resultou falsa.
A día de hoxe a Corporación Local aínda non informou sobre os requirimentos feitos polo MpDC e o Defensor del Pueblo. Resulta atrevido por parte do Concello a comunicación pública da instalación de novas cámaras cando aínda non aclarou a situación das que xa están instaladas.
Desde o MpDC dirixirase hoxe unha carta á Comisión de Garantías sobre Videovixilancia para que informe sobra as cámaras que están autorizadas nos distintos concellos de Galiza.
O Concello de A Coruña instalará varias cámaras sin haber aclarado a situación das que xa están en funcionamento.
Written By Virgulino on 14/12/05 | 17:03
Etiquetas:
Concello da Coruña,
Defensor del Pueblo,
Dereito ao honor intimidade e á imaxe
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario