Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O MpDC interesase pola actuación policial no Parlamento.

Written By Virgulino on 23/11/05 | 20:07

Pregunta si se procedeu a identificacións dos alcaldes e concelleiros que se personaron no hemiciclo e si se porá eses datos en coñecemento da Fiscalía.

O Movemento polos Dereitos Civís interesarase pola actuación policial no Parlamento por si se dera un tratamento de favor aos participantes. O MpDC lembra que ven denunciando habitualmente que o proceder, que consideramos abusivo, dos Corpos e Forzas do Estado nestes casos é a identificación dos participantes e posterior posta a disposición dos datos perante a Fiscalía, quen non dubida en actuar. Recorda que o artigo 14 da CE afirma que todos somos iguais perante a Lei e considera que de non haberse actuado así estaríase dando un trato de favor que se debería explicar.

Precisamente esta semana celebrouse un xuízo en A Coruña pola interrupción dun Pleno e recentemente a Fiscalía de Pontevedra reclamou a aplicación de normas antiterroristas contras os traballadores de ENCE que interromperon un pleno dese concello.

0 comentarios:

Publicar un comentario