Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O Defensor del Pueblo segue sen información sobre a policía local de Compostela

Written By Virgulino on 20/9/05 | 12:04

O expediente do Defensor del Pueblo foi aberto fai xa 22 meses.

O "Defensor del Pueblo segue esperando polo informe requirido ao Concello de Santiago de Compostela por actuacións da Policía Local. A última solicitude foi feita o pasado día 18 de Xullo, e a adxunta do "Defensor del Pueblo", Sr. María Luisa Cava de Llano y Carrió, reiteraba sobre a petición dun informe solicitado o 31 de Marzo. Durante este período o MpDC xa lle enviou ao "Defensor del Pueblo" a sentencia que condenaba a un Policía Local por lesións a un cidadán e unha solicitude feita ao Concello de Santiago de Compostela para que amosara os documento que afirmaban ter e que demostrarían unha suposta personalidade violenta do Coordinador do MpDC. Esta solicitude de documentación aínda non foi contestada polo Concello

Esta actitude do Concello amosa ser absolutamente irrespetuosa coa institución do "Defensor del Pueblo" e non parece buscar solución ás continuas denuncias formuladas contra membros da Policía Local. Esta falta de respeto chega a tal punto que o 16 de Decembro do 2003 o Defensor del Pueblo fixo o primeiro requirimento ao Concello e este non respondeu ate o 10 de Decembro do 2004, despois de que o Defensor del Pueblo llo volvera a solicitar o 3 de xuño do 2004, o 2 de agosto do 2004; pero o máis curioso é que o informe da Policía Local xa fora redactada o 7 de xaneiro do 2004. Porque o Defensor non lle contestou a Sr María Luisa Cava de Llano y Carrió cando xa dispuña do informe? E porque só o fixo de ser requirido dúas veces maís e cando xa pasaban 11 meses desde a redacción do informe?

0 comentarios:

Publicar un comentario