Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Xaime Pita pon ao mesmo nivel o independentismo galego, as actuacións do "terrorismo islámico", o GRAPO e ETA

Written By Virgulino on 26/10/04 | 18:35

Nunha resposta a unha pregunta parlamentaria sobre a desproporcionada actuación policial en Santiago de Compostela os días 24 e 25 de Xullo, o Conselleiro da Presidencia alude á "xornada reivindicativa e de loita na que, as organizacións ilegais aproveitan para cometer actos vandálicos..., á conflictividade derivada dos recentes atentados do terrorismo islámico e... á situación actual das bandas terroristas ETA e GRAPO".



O pasado mes de Xullo o Movemento polos Dereitos Civís denunciou publicamente a desproporcionada actuación policial en Santiago de Compostela os días 24 e 25 de Xullo. Entre as denuncias formuladas polo MpDC encontrase ameazas, coaccións e agresión a mozas e mozos que repartían propaganda, no casco vello compostelán, referida aos concertos organizados esa mesma noite. Tamén se lle impediu o paso, ou se efectuaban rexistro, na zona vella, xa na mañá do 25 de Xullo, a persoas que portaban símbolos nacionalistas ou vinculados á Plataforma "Nunca Máis". Tamén destaca a situación de extrema tensión que se deu ao remate da exhibición de foguetes de artificio na noite do día 24 de Xullo, momento no que milleiros de persoas dirixíanse ao ensanche, mentres grupos de motos da policía nacional se abrían paso entre a multitude empuñando armas.



É evidente que este comportamento das forzas e corpos de seguranza do estado, por outra banda recorrente nestas datas (xa o ano pasado o MpDC denunciou no Xulgado nº6 o impedimento, por parte de policías nacionais, ó acceso ao Obradoiro de cidadáns que portaran insignias de "Nunca Máis"), conculca os máis elementais principios de convivencia social, e vulnera o exercicio dos dereitos cívicos de moitos cidadáns.



O Conselleiro da Presidencia, Sr. Xaime Pita, lonxe de informar sobre ás preguntas formuladas en relación cós feitos relatados, alegou que a "misión das Forzas e Corpos de Seguridade era contribuír á celebrar pacífica e ordenada das actividades previstas nos actos institucionais e lúdicos... causando os mínimos trastornos á actividade cidadán ordinaria ofrecendo seguridade a todos os usuarios". Nembargantes, non explica como contribuía a esta celebración pacífica decenas de policías empuñando armas en motos abríndose paso entre unha multitude de familias con nenos pequenos, as ameazas, coaccións e agresión a mozas e mozos que publicitaban un concerto ou o impedimento de acceso á zona vella con insignias de Nunca Máis ou nacionalistas.



Desde o MpDC queremos lembrar que se vulneraron os dereitos da cidadanía en nome da Seguridade sen lograla. Na mesma respostas parlamenta o Sr. Xaime Pita lembra que non se evitou a colocación dunha bomba na Alameda de Santiago, a queima dun caixeiro automático, o ataque a un edificios de Fenosa, etc... Por todo esto desde o MpDC nos preguntamos contra quen e para que, se está a colocar as Forzas e Corpos do Estado? parece evidente que non é contra as orixes de tensións sociais e para lograr a seguridade de todos os cidadáns.



Por: Renato

0 comentarios:

Publicar un comentario