Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

VIDA PRIVADA E PODERES PÚBLICOS (A lei integral a exame)

Written By Virgulino on 25/10/04 | 20:29

Queremos abrir un espazo de debate sobre un asunto actual e polémico: a Lei Integral contra a Violéncia de Xénero. O obxectivo é analisar, de diferentes perspectivas, as medidas previstas nesta lei para facer frente ao grave problema das agresións no ámbito doméstico e as repercusións que esas medidas poden ter na vida democrática da nosa sociedade.



O cerne do debate non se situa portanto na denúncia da violéncia que se exerce contra as mulleres –preocupación compartida polas persoas que participarán nas charlas e as tres organizacións convocantes- senón na forma como os poderes públicos encaran esta alarmante situación. Mais en concreto, pretendemos debater sobre as vantaxes e perigos da cada vez mais profunda intromisión dos poderes públicos na nosa vida privada. Devemos abrir as fronteiras da nosa intimidade? En que circunstáncias? Até onde? A quen? Perguntas complexas que albergan outras de non menor importáncia: Que papel deven desempeñar os profisionais nestes conflitos? Son as medidas punitivas a mellor forma de os atallar? Serán as denúncias de persoas alleas ao conflito unha boa solución? Haveria outras formas mais eficaces de os reducir?



O debate estrutura-se en tres charlas-colóquio que terán lugar na Galeria Sargadelos de Compostela, às 19,30 horas dos dias 27 de Outubro e 3 e 10 de Novembro, de acordo con o seguinte


Programa



. Dia 27.10.04: Ponto de vista dos profisionais.



.Advogada: Celia Balboa

Maxistrada: Ana López-Suevos

.Psicólogo: Ramón Arce



. Dia 3.11.04: Ponto de vista dos movimentos de defensa dos direitos fundamentais e as liberdades públicas.



Movemento polos Dereitos Civis.

Xustiza e Sociedade.

EsCULcA (Observatório para a Defensa dos Direitos e Liberdades).



. Dia 10.XI.04: Ponto de vista do movimento feminista



Lupe Cés Riobó

Nanina Santos Castroviejo
Por: EsCULcA - Movimento polos Dereitos Civis – Xustiza e Sociedade

0 comentarios:

Publicar un comentario