Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O MpDC considera a sentenza contra os membros da Plataforma en Defensa da Ría de Arousa inxusta, desproporcionada e contraria aos dereitos civís

Written By Virgulino on 19/10/04 | 18:21

O Movemento polos Dereitos Civís quere amosar o seu rexeitamento a través de este comunicado de prensa a sentencia que se deu a coñecer este pasado luns, e que condena a 8 e cinco meses de prisión a integrantes da Plataforma en Defensa da Ría de Arousa por realizar un peche no concello de Vilagarcía de Arousa en xaneiro do ano 2000 para protestar pola instalación de bidóns na ría de Arousa. Esta sentenza atenta de novo contra as liberdades e os dereitos fundamentais da cidadanía, busca escarmentar para producir medo á hora de mobilizarse e defender os seus principios polas posibles represalias que acompañan as manifestacións e accións de protesta.



Esta sentenza é unha nova mostra máis do tipo de sentenzas que se veñen dando en Galiza cando hai conflictos sociais, e onde aquelas persoas que traballan nos movementos sociais, ben sexan asociacións de veciños, sindicalistas, asociacións pola defensa da ría, son castigados a través de accións xudiciais e falsas acusacións dos corpos e forzas de seguridade do Estado, ou neste caso o propio concello.

Hoxe tamén se celebrou un novo episodio do caso dos tres sindicalistas de Lugo, con unha vista pública na Audiencia deste caso. Unha vergonza para o sistema xudicial que teñamos que seguir vivindo situacións deste tipo.



Foi por este motivo polo que o Movemento polos Dereitos Civís reclamou ao Consello Xeral do Poder Xudicial que realizara un informe para analizar as sentencias ditadas cando hai conflitividade social en Galiza, que teñen sido agresivas e intimidatorias contra todas aquelas persoas que aínda se atreven a erguer a súa voz contra as inxustizas e polos nosos dereitos.



Por iso, desde estas liñas queremos reivindicar e voltar propoñer que o CXPX atenda esta demanda e tome cartas neste asunto, pois a cidadanía galega necesita coñecer unha explicación a este tipo de actuacións xudiciais, para poder volver confiar na Xustiza aplicada desde os tribunais.



Por: Zelia

0 comentarios:

Publicar un comentario