Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Condenan a 8 meses de cadea a 7 membros da Plataforma en defensa da Ría de Arousa

Written By Virgulino on 19/10/04 | 20:30

Vieiros | Galiza



POLO PECHE NO CONCELLO DE XANEIRO DE 2000

Condenan a 8 meses de cadea a 7 membros da Plataforma en defensa da Ría de Arousa



[19/10/2004 19:16] O xuiz do xulgado do Penal número 1 de Pontevedra condenou a sete dos dez membros da Plataforma en Defensa da Ría de Arousa a penas de entre 8 e 5 meses de cadea por un delicto de resistencia á autoridade durante o peche que realizaron na Casa do Concello de Vilagarcía en xaneiro de 2000. Segundo a sentencia, os imputados desobedeceron a orde de desaloxo dada pola policía local seguindo as instruccións do alcalde. O Movimento polos Direitos Civís amosou nun comunidado o seu rexeitamento á sentencia porque "atenta de novo contra as liberdades e os dereitos fundamentais da cidadanía e busca escarmentar para producir medo á hora de mobilizarse e defender os seus principios".

0 comentarios:

Publicar un comentario