Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O MpDC mostra a súa máis total condena ao atentado de Madrid e se solidariza con todas as víctimas deste acto de barbarie.

Written By Virgulino on 12/3/04 | 11:42

Prevé unha perdida de dereitos fundamentais a raíz dos atentados



Tal e como aconteceu despois do 11 de Setembro, o MpDC prevé unha perdida de dereitos que buscará xustificación na brutalidade deste acto terrorista.



Como o dereito á vida o dereito a recibir unha información veraz é un dereito consitucionalmente recoñecido e, como podemos comprobar, ten a súa razón de ser, e é que a cidadanía teña coñecemento do que, en verdade, acontece no seu país e así poder valorar a actuación dos seus dirixente. O Goberno do Estado Español nos levou a unha gerra ilegal có único obxectivo de apoiar aos seus aliados na búsqueda de petroleo. Ao mesmo tempo estivo afirmando que ETA está descabeza e que non ten capacidade operativa, que lles faltaban activistas e que a súa formación é de 45 minutos, vimos como o Goberno do Estado Español foi coñecedor do encontro entre Carod-Rovira e ETA e o único que fixo foi intentar utilizalo politicamente e onte poidemos encontrar un titular en “La Voz de Galicia” que decía que “Madrid está blindado".



Trás o atentado de Madrid o Goberno do Estado xa lle dá unha capacidade operativa a ETA que resulta absolutamente increíble, suficientemente para asasinar dous centenares de persoas nunha cidade que, segundo fontes do goberno, estaba blindada; considera que o "modus operandi" é o habitula desta organización (nada máis alexado da verdade); e non acepta o evidente, que o atentado e froito do seu apoio a unha guerra ilegal.



Desde o MpDC pedimo o dereito a recibir unha información veraz; esperamos que a cidadanía se faga forte na defensa dos dereitos adquiridos e esixa das autoridade que se condene aos verdadeiro culpabeis, dentro das reglas do Estado de Dereito, e sen merma dos nosos dereitos fundamentais.

0 comentarios:

Publicar un comentario